Mes marzo 2021

Denbuilding

O día 25 de marzo, o alumnado de 2º de Ed. Primaria levou a cabo unha actividade denominada Denbuilding: Dentro do PDI Os bosques e en relación ao libro Eugene the Architect, na materia de lingua inglesa construíu diversas cabanas no bosque próximo á… Seguir leyendo →

21 de marzo. Día da Poesía

Para conmemorar o 21 de marzo, Día da Poesía, léronse poemas en todas as aulas tanto por parte do alumnado como do profesorado. A clase de 6º preparou uns “susurradores de versos” cuns longos tubos de cartón decorados ao seu… Seguir leyendo →

Pictogramas

Por fin!!!  No mes de marzo e despois de moitas voltas e reviravoltas colocamos as nosas normas da biblioteca e protocolo covid con pictogramas. Seguimos traballando para mellorar a nosa biblioteca inclusiva.

Book Nooks. Rincón de libros.

A nosa biblioteca conta cun novo agasallo realizado por Javier, profesor xubilado da escola. Trátase dun Book Nooks, acepción inglesa que pode traducirse como Rincón de libros e que funciona como un separador entre andeis e libros. Este representa unha… Seguir leyendo →

Paos e plastilina

Cando mestúranse dous materiais especiais, saen obras moi moi especiais! Apareceron triceratops, bailarinas, arañas moi peludas, serpes, árbores, robots… Imaxinación ao poder!!!

O bosque das Mulleres

Dentro do Proxecto Dinamizador Interdisciplinar deste ano, Os bosques, queremos que este día achegue outro pequeno xesto, non só a prol da protección dos nosos bosques, senón de apoderamento da muller.Todas as mulleres somos valiosas, aprendemos de todas, e todas… Seguir leyendo →

Día da muller traballadora. Mulleres árbore.

Cada ano imos enriquecendo a nosa colección de biografías de mulleres destacadas e contos sobre igualdade entre mulleres e homes. A exposición de libros nestas datas ten moitísimas solicitudes de préstamo o que nos anima a seguir aumentándoa con novas… Seguir leyendo →

© 2024 — Funciona gracias a WordPress

Tema realizado por Anders NorenIr arriba ↑