O 25 de novembro é unha data a destacar, unha chamada de atención fronte a actitudes de violencia contra as nenas e as mulleres.

O alumnado foi analizando os e estereotipos que abordan desde ben pequenos/as, creando grandes distincións entre nenas e nenos á hora de vestirse, xogar, actuar, axudar na casa… case sempre en prexuízo das nenas ou mulleres. A lectura facilitounos esta tarefa, xa que a través dos contos representase moi ben o espertar as nenas e mulleres e o camiño para conseguir a igualdade entre homes e mulleres, algún dos contos foron: Artur e Clementina, Rosa caramelo de Adela Turin.

O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir una paso atrás.