O alumnado de 2º EP reflexionou sobre as consecuencias de consumir plástico a través de diferentes actividades entre as que destacan a recollida de lixo no regato que rodea a escola, no principal río de Vigo e na desembocadura deste xa no mar, a clasificación dos residuos, o manexo de bibliografía ao respecto (libros divulgativos, contos en diferentes idiomas…) ou a elaboración de murais e monstros terroríficos cos que se ambientou unha parte do colexio durante a celebración de Halloween. Esta última actividade foi un xeito de sumarse á proposta Generación Eco, que pretende sensibilizar e implicar á comunidade educativa no desenvolvemento sostible e na redución real do impacto ambiental da escola no medio ambiente.
Comentarios recentes