O alumnado de 3º de Primaria asistiu a unha visita didáctica no Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae” para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano.
Un xacemento que permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.
A exposición ofreceu a posibilidade de descubrir o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto.
Comentarios recentes