Conta unha antiga lenda de Xapón, “Senbazuru”, que se alguén constrúe mil grúas de papel os Deuses concederanlle o desexo que máis anhele, un desexo do corazón. A consigna remóntase á historia dunha pequena vítima da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial, Sadako Sasaki, unha nena de dous anos que viviu a caída da bomba. Sobreviviu ao ataque, pero dez anos despois os médicos diagnosticárona leucemia polas graves consecuencias da radiación. Chizucho, a súa amiga, contoulle a existencia desta lenda e Sadako comezou a construír grúas de papel desexando curarse con moita forza. Non o conseguiu, morreu antes de terminalas todas. Sen embargo, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, en lembranza de Sadako e coa esperanza de que se evitaran todas as guerras no futuro e acadar a Paz entre os países do mundo. Desde entón, as grúas, ademais de representar saúde en Xapón, convertéronse en símbolo da Paz.
Comentarios recentes