O outono, unha das estacións que máis posibilidades ten! As súas cores, os seus elementos, a súa paisaxe…encántanos!
Con ela gozamos moito explorando os seus elementos: fixemos traballo de lóxica-matemática clasificando, asociando cores, traballando as semellanzas, os tamaños …
Fixemos choiva de follas secas, investigamos os tipos de árbores e prantas da escola e as súas características, fixemos xogos de mesa con imaxes do outono, aprendimos vocabulario novo, conxelamos castañas e landras e experimentamos con elas, pintamos piñas e outros elementos, representamos a nosa árbore cun mural conxunto á vez que aprendimos as distintas partes dunha árbore…
Comentarios recentes