Cada ano imos enriquecendo a nosa colección de biografías de mulleres destacadas e contos sobre igualdade entre mulleres e homes. A exposición de libros nestas datas ten moitísimas solicitudes de préstamo o que nos anima a seguir aumentándoa con novas adquisicións,
A actividade realizada para conmemorar esta data, Mulleres árbore, consisitiu na elaboración por parte de cada curso dunha árbore con base de metal, tronco de madeira e copa de cartón que foron decoradas libremente seguindo diversas técnicas.
Estas ábores levaban na base os nomes das avoas do alumnado da clase xunto a unha calidade que as distinguira, simbolizando as nosas raíces; os nomes das nais distribuídas polo tronco simbolizando o que nos sustenta, tamén cunha calidade para cada unha das nais e finalmente, na copa da árbore, os nomes do alumnado coa calidade que os diferencie.
O día 8 de marzo todas as árbores colocáronse no patio de recreo creando unha fermosa instalación a modo de bosque seguindo na liña do noso PDI deste curso, mentres grupos de alumnos e alumnas lían pequenos textos, poemas ou fragmentos narrativos, extraídos de libros sobre bosques.
Algúns cursos sumáronse á campaña “No more Matildas” iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) para acabar coa discriminación de mulleres na ciencia, realizando murais nos que expuxeron o resultado das súas investigación sobre mulleres científicas.
Comentarios recentes