Para conmemorar o 21 de marzo, Día da Poesía, léronse poemas en todas as aulas tanto por parte do alumnado como do profesorado. A clase de 6º preparou uns “susurradores de versos” cuns longos tubos de cartón decorados ao seu gusto con papel de cores, teas, lazos…. E susurráronse ao oído fermosos poemas aprendidos durante a semana anterior. Así mesmo, o titor de 4º tivo a amabilidade de montar na biblioteca, nas fiestras que dan ao patio de recreo, un altofalante con micro para que todos e todas os que quixeran pudieran ler e recitar poemas en voz alta que foron escoitados polo alumnado que gozaba da hora do recreo. E como non….a nosa exposición de libros de poesía que sempre teñen moita aceptación entre o alumnado de todas as idades.
Comentarios recentes