Como todos os anos e unha vez máis celebramos a nosa tradicional semana de homenaxe a Hans Christian Andersen, famoso escritor que da nome a nosa escola, cunha infinidade de actividades destinadas a desenvolver o gusto pola lectura e para dar a coñecer a obra deste e otros autores e autoras da literatura infantil e xuvenil. 

Este ano quixemos enlazar as actividades co PDI Os Bosques e cada clase traballou sobre un conto da súa elección que se desenvolvera entre árbores e bosques. Non foi nada complicado pois moita literatura infantil desenvolvese neste medio. Así unha clase convertiuse no conto de Hansel e Gretel, outra no Bosque Animado, El Abeto, Brancaneves e os sete ananos, O Señor dos aneis…A escola convertiuse nunha paisaxe de contos e historias clásicas que tiñan como escenario fermosos bosques, bosques misteriosos, bosques enfeitizados, bosques escuros…

As actividades realizadas resultaron todo un éxito e consistiron en gravacións en vídeo de escenas de contos, grabación da lectura encadeada de alumnado de todos os cursos do conto O traxe novo do emperador, gravación de booktrailer de contos da natureza, estampacións de frores en teas e follas en cartulina, elaboración de marcapáxinas con efecto marmolado, elaboración de contos desplegables…

O derradeiro día e como colofón da semana, vestimos ás arbores da escola con teas de diversas cores e texturas enlazadas entre sí, unha por cada alumno e alumna na que ía escrito o nome do conto favorito de cada quen. 

As nosas árbores, que son moitas, quedaron engalanadas e vestidas de festa.