Hoxe, 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), conmemórase internacionalmente o día escolar da Non Violencia e a Paz, no que nos comprometemos a educar para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz. Como o propio Ghandi dicía: “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”.
Durante toda a semana o alumnado investigou sobre a figura de Mahatma Gandhi, recopilando material da biblioteca.
O venres nas aulas o alumnado gozou ao son da Rumba das apertas de Magín Blanco e recitaron a Juan Carlos Martín Ramos na súa introdución do libro Bicos e non balas de Antonio García Teijeiro:
“Non se me ocorre mellor símbolo para a paz que a imaxe dunha persoa de calquera idade, de calquera país, lendo un libro.
Abrir un libro é abrir unha paréntese dentro da nosa vida onde só cabe estar en paz,
que te deixen en paz, convidar os que te rodean a respirar a túa propia paz”.
Comentarios recentes