Neste mes de Febreiro conmemoramos o nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, neste caso o seu 185 aniversario.
Rosalía é unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX, figura emblemática do Rexurdimento galego e do Romanticismo español, precursora do feminismo en Galicia. A nosa poeta nacional por excelencia. Entre os seus escritos destaca: Cantares gallegos, Follas novas, La Flor, A las orillas del Sar, La hija del mar, Lieders…
Dende o Colexio Andersen sumámonos á súa homenaxe realizando diversas actividades co lema deste ano “Sementa de pensamentos”.
Podedes obter máis información sobre a vida e obra de ROSALÍA DE CASTRO facendo click AQUÍ.
Comentarios recentes