Cunha caixa de cereais ou similar e dous tubos de papel de cociña fixeron un sistema de teatro enrolable, ao que lle engadiron, no seu interior, un circuito cunha bombilla. Despois, debuxaron nunhas cartolinas negras as siluetas da súa historia, que posteriormente recortaron e pegaron polo reverso dunha serie de folios pegados uns a continuación dos outros. Logo pegaron eses folios nos tubos, para poder contar o conto na clase xirandoos.
Comentarios recentes