O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
A ONU proclamou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica, para conmemorar o 150 aniversario da súa creación.
Co gallo desta celebración, a Fraga da Palabra organiza unha semana das ciencias: obradoiros máxicos, tertulias, exposicións e charlas divulgativas.
Ademais xa tedes dispoñible na Fraga da Palabra unha selección de libros.
Comentarios recentes