Co obxectivo de rematar por todo o alto a unidade que coincide co PDI do colexio, organizamos un Fashion Show ou desfile de moda no que o alumnado trouxo da casa algunha prenda súa ou dalgún familiar e desfilou diante de toda a clase. O xurado encargábase de describir a roupa que levaban posta os modelos e de darlles unha puntuación. Non temos nada que envexarlle á semana da moda de Paris ou Milán!