Durante unha quincena do mes do febreiro as actividades da biblioteca xiraron en torno ao tradicional Entroido.
Como sempre levamos a cabo a nosa exposición de libros relacionados con esta temática, este ano incrementada con algunhas novidades.
Os disfraces, tanto do alumnado como do profesorado, relacionáronse con contos dos bosques e os personaxes reais ou imaxinarios que os habitan e dende a biblioteca animouse a investigar sobre a orixe desta festa, as costumes, gastronomía, refráns, ditos, adiviñas e cantigas.
A sardiña, elaborada polo alumnado de Secundaria xunto coa súa profesora de Plástica, Elena, estivo exposta durante os días previos á celebración da festa, e cada mañá ía dando unha consigna que todos e todas tiñamos que cumplir.
Para E.Infantil e Primaria a celebración desenvolveuse en dous días, un deles desfilando as comparsas por clases e o segundo día con disfraz libre.
O día da festa, Secundaria encargouse da queima da sardiña entre foguetes e fume de cores, despois de levala en procesión polo patio da escola e ler o seu testamento entre os vítores de todo o alumnado.
Comentarios recentes