Esta semana tocounos na zona do patio Castiñeiro.

Para a nosa sorpresa atopámonos cunha montaña de paos dunha poda que fixeron dunha árbore do cole… e que mellor que utilizar esos paos para o noso xogo libre.

Decidiron construir unha cabana/refuxio…estivemos toda a semana traballando no proxecto,  fixeron en clase planos e mapas que despois levaron o patio para guiarse.