O proxecto “Construtores” programado para o primeiro trimestre a proposta da biblioteca da escola, consistiu nunha iniciación á arquitectura para nenos en sentido amplo; unha investigación xeográfica, histórica e ecolóxica sobre distintos tipos de construcións , as súas funcións, a súa evolución e o medio que as rodea.

Xuntos descobrimos materiais e técnicas, coñecimos a paisaxe e reflexionamos sobre o medio no que vivimos.

Investigamos e traballamos sobre os refuxios dos animais e homes primitivos, a vivenda, os tipos de materiais, o concepto de escala e proporción, as cidades as ferramentas do arquitecto…

Construímos maquetas, experimentamos con materiais, realizamos planos, visitamos castelos e poboados castrexos, montamos unha exposición con libros e contos sobre arquitectura.

Deixamos  constancia do noso traballo na mostra fotográfica.