O alumnado de 3º de Primaria tivo a oportunidade de realizar unha visita didáctica e á vez lúdica ao castelo de Soutomaior, no concello de Arcade, como colofón ao traballo realizado sobre o proxecto Construtores da nosa biblio no primeiro trimestre.

Previamente realizaron un traballo de investigación, estudiando as dependencias dun castelo, os seus habitantes, os traballos realizados, consultando o material da biblioteca e escoitando as explicacións dun compañeiro de 6º que vive perto do Castelo e coñéceo moi ben.

A saída resultou moi interesante, pasámolo moi ben aínda que o tempo non acompañara, pois choveu deseguido.