O alumnado de 6º participou no proxecto Construtores da Biblio realizando, na clase de Lingua Castelá mediante aprendizaxe cooperativa por equipos, unhas casas con material de refugallo na que se instalaron comodamente todas as palabras variables e invariables coas que convivimos de cotío.

Así tiñamos a casa dos adxectivos, o edificio no que habitaban os verbos, o chalé dos sustantivos, o garaxe das preposicións, o xardín dos pronomes…

Por suposto, para realizar este traballo consultaron a bibliografía sobre esta temática que temos na nosa biblioteca, exposta para tal fin.