Xa temos Kamishibai !!!
Con motivo do proxecto Titiriteiros, que estamos a desenvolver neste trimestre, animámonos a adquirir para a nosa biblioteca un Kamishibai.

Kamishibai, en xaponés, quere dicir “teatro de papel” e consiste nunha forma de contar contos moi popular en Xapón.
Está formado por un pequeno escenario de madeira e un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.