Aínda en tempos de confinamento e á espera de poder homenaxear  a Ricardo Carvalho Calero como se merece, non queremos deixar pasar o 17 de maio sen lembrarvos que é a data de celebración escollida para conmemorar a publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Galegos de Rosalía de Castro no ano 1863.

E cen anos despois, a partir de 1963, cada 17 de maio a Real Academia Galega dedica esta celebración a unha personalidade diferente.

Este ano 2020, debido ao estado de alarma sanitaria, a celebración aprázase por primeira vez na historia ao día seguinte ao cento dez aniversario do nacemento do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.

O noso alumnado recitou uns poemas polo día das letras galegas.

Nicolás 5ºEP
Alex 5ºEP
Iván 5ºEP
Alba 2ºEP
Andrés 2ºEP