Xa sabedes todo o que nos gusta investigar…nesta ocasión collimos elementos da natureza do noso rincón da clase que día a día vai aumentando grazas as nosas visitas ao bosque que está preto do cole e… PINTAMOS! 

Foi unha actividade de calma, onde tod@s concentrámonos na nosa tarefa dunha maneira máxica. 

Durante a actividade non tiñamos música … o propio son dos elementos secos da natureza foi suficiente melodía e non podíamos desaproveitala.