O pasado venres, atopámonos un novo material sorpresa nas nosas mesas… como bos/boas investigadores/as precisábamos unhas LUPAS!!

Pois xa estábamos listos/as para comezar a nosa nova aventura! Unha búsqueda do tesouro!

As pistas foron aparecendo unha tras outra, pistas relacionadas co noso proxecto do outono e co PDI Os Bosques, como … Se froitos secos queredes comer, xunto a min deberedes aparecer!… fomos buscando e investigando con axuda das nosas lupas! As pistas estaban sempre preto dun elemento da natureza.

Durante a búsqueda foron aparecendo unhas pezas dun quebracabezas moi especial e unha vez rematada a búsqueda fixemos en equipo!

Foi moi, moi divertido!