Este ano a nosa guía de libros, que entregamos ás familias como agasallo de Nadal confeccionada polo Equipo de dinamización da biblioteca, ten de novo formato de almanaque e como non podía ser doutro xeito, dedicámola ao noso PDI Os Bosques. Elaborouse unha selección de libros coa temática das árbores, tanto novidades como reedicións por idades, e ilustramos o almanaque con fotos de árbores da nosa escola así como con citas sacadas de libros.