Collimos as nosas lupas e investigamos sobre a nosa árbore: O castiñeiro!
Coa chegada do magosto no cole, reservamos unhas pouquiñas de castañas e as deixamos nun caixón de clase metidas nunca bolsa a ver que lles pasaba…pasados uns 15 días fixemos o experimento con elas para comprobar que ao secarse, flotan!
Días máis tarde recollimos castañas recen caídas da nosa árbore e comprobamos que ao estar frescas, afunden!
Despois de ter recollido, observado, manipulado e preparado as castañas as preparamos para xerminar, despois de días de regalas e observalas por fin chegou o momento de prantalas nos nosos testos biodegradábeis pintados por nós. Agora só toca esperar un pouquiño máis a que sigan crecendo para poder sementar os nosos castiñeiros no monte.
Comentarios recentes