O longo do curso o alumnado de 2º de educación primaria realizou diversas tarefas para crear o proxecto ” Creando un Espazo Natural” baseado no libro “El arquitecto y el árbol”.

O alumnado centrou o espazo no Colexio e no seu patio, onde surxiron ideas innovadoras para crear un espazo funcional e creativo a partir do noso bosque.

Grazas a inmensa colaboración de nais e pais que axudaron a facer este proxecto realidade.