Ao longo deste curso en Infantil fixemos diferentes actividades relacionadas coa biblioteca e a súa temática, “Os bosques”. Para algunhas destas actividades utilizamos contos, entre os que se atopan: “O león remolón” e “A abella traballadora” da Editorial Combel e “O Koala” da Editorial Kimiko. Cada un destes contos ten unha canción que traballamos co apoio visual das ilustracións e asociada a un xesto ou movemento.
Fixemos audicións nas que se tiñan que mover polo espazo como diferentes animaliños do bosque, insectos ou por exemplo representar o crecemento dunha flor ao ritmo da música do C.D. “Rítmica na escola I” ou do C.D. “Entroido dos animais” de Saint- Saëns.
Comentarios recentes