Ao longo deste curso en Infantil fixemos diferentes actividades relacionadas coa biblioteca e a súa temática, “Os bosques”. Para algunhas destas actividades utilizamos contos, entre os que se atopan: “O león remolón” e “A abella traballadora” da Editorial  Combel e “O  Koala” da Editorial  Kimiko. Cada un destes contos ten unha canción que traballamos co apoio visual das ilustracións e asociada a un xesto ou movemento. 

Fixemos audicións nas que se tiñan que mover polo espazo como diferentes animaliños do bosque, insectos ou por exemplo representar o crecemento dunha flor ao ritmo da música do  C.D. “Rítmica na escola I” ou do  C.D. “Entroido dos animais” de  Saint- Saëns.