O noso obxectivo prioritario como escola é sensibilizar á comunidade educativa sobre a necesidade da plena inclusión tanto na escola como na sociedade, apostando por prácticas, experiencias e estratexias que avancen para conseguilo. 

Neste día tan especial, a través de lecturas como  Orellas de  bolboreta,  Tea, O club dos raros, O cazo de Lorenzo fixéronse diversas actividades: obradoiros, coloquios, bailes en lingua de signos e experiencias onde o alumnado traballou na pel dunha persoa cunha capacidade diferente.

Consideramos que este obxectivo non se debe circunscribir só a esta data, senón que debe ser unha meta permanente e diaria na sociedade para camiñar cara a plena inclusión de todo o alumnado sen ningún tipo de exclusión por motivos de sexo, contexto social ou capacidade.