Este 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Unha iniciativa da UNESCO que cumpre 23 anos desde a súa proclamación no París de 1999, para impulsar e preservar o xénero lírico como unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación.

Por iso, para fomentalo queremos que entre todos os que poidades fagamos uns versos para agasallar a un/unha compañeiro/a da nosa aula.