Marabillosa sáida didáctica que realizou o alumnado de 1º ESO e 6º EP, o venres 14 de outubro, ao Museo Provincial de Pontevedra para visitar a exposición fotográfica realizada por Ruth Matilda Anderson e o traballo realizado pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas. Esta exposición, de máis de 75 traxes, reproduce fielmente cada unha das vestimentas fotografadas por Ruth Matilda Anderson nas súas viaxes a Galicia entre os anos 1924 e 1926 por encargo da Hispanic Society de Nova York a Galicia. Unha viaxe no tempo, cen anos atrás, onde recuperar os antigos oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, os traballos no mar e o campo… e tamén a música, a través de máis de 150 fotografías de Anderson