Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

Desde A Fraga da Palabra tamén celebramos este día, tecendo e enfíando palabras para compoñer e ler agarimosos versos. Enchemos o espazo de multitude de teas de cores diversos e rematamos coa nosa unión por un fio vermello.