Saída ao Monte do castro e ao Poboado Castrexo de Vigo, percorrimos a fortaleza do Castro, vimos as vistas da ría dende os diferentes miradores que hai no alto, vimos varias especies de plantas, e xogamos no parque. Tamén fixemos unha visita guiada polo poboado castrexo e aprendimos como vivían fai 2300 anos na nosa cidade.