Gianni Rodari, nado en Omegna o 23 de outubro de 1920 e finado en Roma o 14 de abril de 1980, foi un escritor, mestre e pedagogo italiano. Obtivo o Premio Hans Christian Andersen en 1970.
A súa principal obra teórica é Grammatica della fantasia (1973), unha recompilación de charlas e coloquios nos que expón un concepto fundamental na literatura infantil e xuvenil do século XX: o binomio fantástico.
Na biblioteca atoparemos as súas magníficas obras.