O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas.

Reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia, é o obxectivo do “Día das escritoras”. Este ano 2020, a celebración conmemórase o 19 de outubro baixo o lema “O esforzo cotián das mulleres”. 

Desde as bibliotecas escolares queremos que se visibilice a obra das escritoras galegas, para o que ofrecemos unha recompilación de fragmentos de escritoras galegas.