O 23 de outubro celebramos na escola o Día das bibliotecas escolares presentando a toda a comunidade educativa o noso PDI deste curso “Os Bosques”. Desde E. Infantil a 4º de ESO e por cursos, o alumnado apadriñou unha árbore da escola, o camelio, a faia, o castiñeiro, o carballo, a oliveira, o granado….e ante eles léronse fragmentos de libros de poemas, narracións etc co compromiso por parte de todos e todas de protexelas e coidalas.